Concello de Arzúa - 2012 - Aviso Legal - Realizado por Offilance

NON O PERDAS O DESTINO VERDE DE GALICIA

Galicia ten outros moitos destinos turísticos de carácter cultural, histórico ou recreativo, pero Arzúa, é sen dúbida o auténtico Destino Verde de Galicia. Na cerna de Galicia, nas terras de Arzúa, viaxeiros e visitantes poden gozar doadamente da máis completa oferta de turismo verde.

A riqueza paisaxística, a variedade de espazos ambientais, a calidade das casas de hospedaría rural e dos establecementos hostaleiros, xunto a múltiples alternativas de lecer en contacto coa natureza fan de Arzúa o destino verde de Galicia.

Arzúa, unha das vilas máis senlleiras do Camiño de Santiago, está situada nunha encrucillada de novos e vellos camiños. Arzúa está no centro de Galicia, desde onde podemos desprazarnos doadamente a calquera outro destino turístico galego. A nosa vila ten acceso a modernas vías e infraestruturas de comunicación que nos permiten achegarnos, en pouco tempo, á monumentalidade de Santiago de Compostela, á feroz beleza da Costa da Morte ou á lendaria Torre de Hércules na cidade da Coruña.

Arzúa é ademais un importante centro de modernos servizos de restauración e hostalaría que serve de apoio a un amplo abano de posibilidades turísticas ligadas ao disfrute de produtos artesáns tradicionais -como o queixo e o mel- de extraordinaria calidade gastronómica.

Arzúa tamén ofrece aos visitantes inquedos medios para practicar deportes de aventura en contacto coa natureza ou a ocasión de facer camiñadas por itinerarios sinalados para coñocer a arquitectura popular de numerosos e ben conservados núcleos rurais e o rico patrimonio histórico e artístico que atesoran as terras da comarca arzuana.

Natureza, lendas e tradicións A maxia da auga A compañía dos camiños Museos da Identidade Festas, feiras e romarías O queixo da terra A arquitectura do tempo