Concello de Arzúa - 2012 - Aviso Legal - Realizado por Offilance

NON O PERDAS
MUSEOS DA IDENTIDADE













MUSEO VIVENTE DO MEL. O ENREDO DO ABELLEIRO

Pódense realizar dúas visitas: interior e exterior. No interior atopámonos na entrada a tenda de produtos alimenticios e cosmética. Seguindo hai unha galería fotográfica que mostra a vida e experiencia das abellas. A elaboración do mel pasa por tres fases que se ven nas salas de extracción, decantación e envasado. Dispón ademáis de laboratorio e unha aula para conferencias. No exterior vense dous apiarios un moderno e outro antigo. Tamén teñen unha pequena edificación con instrumentos de apicultura de antano así como a evolución deste oficio ata os nosos días.

Museo fundado en 1994.

Realízanse obradoiros de apicultura, velas e envasado para grupos, previo contacto.

www.abelleiro.com

Os Museos da identidade, son a Tenda-Museo do Coiro (Guarnicionería Hnos. Gómez), Museo etnográfico A Paínza, Centro de divulgación do Queixo e Mel e o Museo vivento do mel (O enredo do Abelleiro).

Todos eles son mostras representativas do que nun tempo significou e significa, o modo de vida e a economía desta zona, claramente ligada ao Camiño de Santiago.















TENDA – MUSEO DO COIRO

Fábrica e tenda de obxectos confeccionados en coiro, que ademais funciona como un pequeno museo.

Inaugurose como museo en decembro de 2002.

www.hermanosgomez.com













MUSEO ETNOGRÁFICO A PAINZA

Ubicado na casa principal, no conxunto de turismo rural A Painza, de vivendas en antigas casas de caseiros,

construídas en 1780. Iniciou a súa actividade no ano 2001.

www.apainza.com












CENTRO DE DIVULGACIÓN DO QUEIXO E DO MEL

O centro naceu co fin de potenciar e poñer en valor dous produttos de especial sensibilización da zona O Queixo e O Mel.

www.queixoemel.org