Concello de Arzúa - 2012 - Aviso Legal - Realizado por Offilance

NON O PERDAS
O QUEIXO DA TERRA

O Concello de Arzúa é coñecido pola elaboración de queixos; xa Madoz a mediados do século XIX escribía que en Arzúa “elaborábanse exquisitos queixos e críase gando con especialidade no vacún”.

O queixo recoñecido coa Denominación de Orixe Arzúa-Ulloa dende o ano 1995, elabórase artesanalmente a partir de leite natural e enteiro de vaca e preséntase en pezas de 0,5 a 3,5 quilos, ten forma lenticular ou cilíndrica. A súa codia, fina e elástica, é de cor amarela, brillante, limpa e lisa e cunha maduración mínima de 6 días.

Este queixo ten ademais a cualificación de Produto Galego de Calidade, feitos dun xeito trasmitido de xeración en xeración entre os gandeiros e elaboradores destas terras.

Todos o primeiros domingos do mes de marzo, desde 1975, celébrase a Festa do Queixo para enxalzar este produto e realízanse diversas actividades artísticas, culturais, folclóricas e humorísticas. A festa é o encontro máis importante para a promoción do Queixo de Arzúa.


Festa do Queixo

D.O.P. Arzúa-Ulloa